DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37890

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO do Acordo do 31 de marzo de 2025 de suspensión dos procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos e edificación na contorna do novo cemiterio de Dorrón.

A Corporación Municipal en Pleno do Concello de Sanxenxo, na sesión ordinaria do día 31 de marzo de 2025, en relación co expediente nº 2193/2025, adoptou por unanimidade dos seus membros de dereito o acordo cuxa parte dispositiva se transcribe:

Primeiro. Suspender os procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos e edificación na contorna do novo cemiterio de Dorrón coa finalidade de estudar o establecemento dunha distancia de protección, durante o prazo dun ano desde a publicación deste acordo ou, se é o caso, ata a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, cando esta teña lugar dentro do prazo de vixencia da suspensión facultativa.

O contido, o alcance e o ámbito da suspensión son os que se determinan no resumo executivo incorporado ao expediente.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Sanxenxo, 11 de xuño de 2025

Telmo Martín González
Alcalde presidente