DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO do acordo polo que se aproba inicialmente a modificación puntual número 4 (non substancial) do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobada inicialmente a modificación puntual número 4 (non substancial) do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Barro, por Acordo do Pleno do 25.6.2025, de conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [https://barro.sedelectronica.gal] e no portal de transparencia (https://barro.sedelectronica.gal/transparency/3e408e57-9b93-4b06-ac7e-e09cb66088cf/).

O presente anuncio serviralles de notificación aos interesados, no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Procédese á suspensión do outorgamento de licenzas naqueles ámbitos afectados pola MP. Unicamente poderán concederse licenzas neses ámbitos sempre que se cumpra tanto o planeamento en vigor como as determinacións da modificación puntual aprobada inicialmente. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Barro, 1 de xullo de 2025

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde