No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 102, do 30 de maio de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases do proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, para a cobertura, mediante promoción interna horizontal, dunha praza de persoal funcionario de técnico/a de administración xeral, incluída na OEP de 2022.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).
Arteixo, 9 de xuño de 2025
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente
