Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, do 26 de xuño de 2025 (DOG núm. 126, do 3 de xullo), fixéronse públicas as listas definitivas, elaboradas ao abeiro do artigo 6.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo de técnicos/as de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo B); do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a (subgrupo C2); do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba (subgrupo C2), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal (subgrupo C2).
Segundo o establecido na base 9ª da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, modificada pola Resolución do 14 de maio de 2019 (DOG núm. 94, do 20 de maio), e modificada pola Resolución do 22 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), de acordo co establecido no punto 9 da Resolución do 24 de xullo de 2024, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se publica o acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), o persoal que forma parte das citadas listas deberá superar unha proba de aptitude física denominada Field test para poder ser nomeado persoal funcionario interino.
A proba física que se menciona nos parágrafos anteriores denomínase Field test e consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos.
Así mesmo, para poder ser nomeado persoal funcionario interino do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade emisorista-vixilante fixo, os aspirantes deberán superar unha proba en que se examinará a agudeza visual de lonxe en ambos os dous ollos, así como a visión cromática, realizada cun aparello para control da visión tipo Visiotest ou equivalente.
O resultado das probas físicas e de agudeza visual será o de apto/a ou non apto/a.
No caso de que algunha persoa interesada non se presente ás anteditas probas, non as realice ou non sexa declarada apta, quedaría automaticamente en suspenso nas listas ata a realización das novas probas e non poderá ser contratada. Para tal efecto, a Consellería do Medio Rural comunicará á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal o resultado das probas como apto/a, non apto/a, non presentado/a á proba ou proba non realizada.
As persoas integrantes das listas non poderán ser nomeadas persoal funcionario interino sen teren realizado as probas físicas ou de agudeza visual vixentes co resultado de apta.
A Consellería do Medio Rural é a encargada de realizar as probas con carácter previo ao nomeamento realizado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
Estas probas terán validez dun ano desde a súa realización e o persoal debe acreditar, antes de ser contratado, a vixencia da proba realizada co resultado de apto/a.
Con base no anterior, esta secretaría xeral técnica
RESOLVE:
Primeiro. Publicar os aspirantes que deberán realizar as probas físicas Field test, previstas na base 9ª da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, modificada pola Resolución do 14 de maio de 2019, (DOG núm. 94, do 20 de maio) e pola Resolución do 22 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), aos aspirantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, nas categorías do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais seguintes escalas:
|
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
|
C1 |
209U |
Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada. |
|
C2 |
207S |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a. |
|
C2 |
207T |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal-condutor de motobomba. |
|
C2 |
207U |
Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro forestal. |
Segundo. As persoas aspirantes que vaian realizar o Field test deberán remitir no prazo de cico (5) días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución un certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres (3) meses respecto da data de publicación desta resolución. Non se terán en conta certificados médicos que non recollan o sinalado anteriormente. O certificado dirixirase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, onde está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, á Sección de Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Medio Rural correspondente segundo a táboa seguinte:
|
Departamento territorial |
Apelido 1 |
Apelido 2 |
Nome |
|
|
A Coruña |
Desde |
Abal |
Fontenla |
Nerea |
|
Ata |
Expósito |
Lago |
Abel |
|
|
Lugo |
Desde |
Fabeiro |
Antúnez |
Horacio |
|
Ata |
López |
Díaz |
María Pilar |
|
|
Ourense |
Desde |
López |
Díaz |
Daniel |
|
Ata |
Ramos |
Vázquez |
David |
|
|
Pontevedra |
Desde |
Rancaño |
Vidal |
Noelia |
|
Ata |
Zepeda |
Blanco |
Alejandro |
|
A relación de persoas publicarase no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios
Terceiro. O persoal que foi convocado para a realización da proba física pola Resolución do 26 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, e resultou apto estará exento da realización da dita proba. A relación de persoas exentas poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios.
Cuarto. Estará exento de presentar o certificado médico ou o informe do estado de saúde o persoal que foi convocado para a realización da proba física, polas resolucións que a continuación se relacionan:
Resolución do 3 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física para a categoría profesional 38 do grupo I (técnico/a superior de defensa contra incendios forestais).
Resolución do 28 de maio de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 39 técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
Resolución do 2 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe de brigada (grupo B), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
Resolución do 2 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, da categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
Resolución do 4 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
Resolución do 3 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
Resolución do 4 de xuño de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, subgrupo C2, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba física.
Quinto. Unha vez que se revisen os certificados médicos fixados no punto segundo, a Secretaría Xeral Técnica convocará a realización das correspondentes probas físicas e visuais, mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que os tribunais dos distintos procesos selectivos indicados no punto cuarto desta resolución dean publicidade á proba física, as persoas que a superen quedarán exentas de realizala novamente.
Sexto. As persoas aspirantes que non figuren reflectidas na relación de persoas que deberán presentar o certificado médico ou que non figuren na lista de persoas exentas da realización das probas poderán presentar alegacións no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural
