DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38045

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a nova relación de persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 26 de decembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 251, do 31 de decembro), habilitouse o prazo dun mes para que as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo para o acceso, entre outras, á categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 3, do 4 de xaneiro de 2023), presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

Así mesmo, pola Resolución do 1 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 75, do 21 de abril), publicouse o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 3 de xullo de 2023.

De conformidade co anteriormente exposto, logo de finalizado o prazo de toma de posesión do mencionado proceso selectivo, procede excluír as persoas aspirantes que, como consecuencia da Resolución do 1 de abril de 2025, foron nomeadas e tomaron posesión do destino definitivo adxudicado, ao adquiriren a condición de persoal estatutario fixo na mesma categoría de persoal estatutario.

En virtude do anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I desta resolución, a nova relación de persoas aspirantes seleccionadas na categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, de conformidade co número de prazas convocadas e coas previsións contidas na base 1.3.5 da resolución de convocatoria.

Asemade, Anular todas as actuacións neste proceso selectivo e confirmar a exclusión das persoas que figuran no anexo II, as cales, como consecuencia da referida Resolución do 1 de abril de 2025, desta Dirección Xeral de Recursos Humanos, foron nomeadas e tomaron posesión do destino definitivo adxudicado, ao adquiriren a condición de persoal estatutario fixo nesa mesma categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental.

Segundo. De conformidade coa base 9.1) da convocatoria, as persoas aspirantes seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución e que non presentaron a documentación no prazo establecido na Resolución do 26 de decembro de 2024, disporán do prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para presentar a seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.gal/ recursos-Humanos/OPE-Oferta-Pública-de-Emprego).

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accedesen pola quenda de persoas con discapacidade deberán presentar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi presentada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da convocatoria, as persoas aspirantes seleccionadas que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

As persoas aspirantes que figuren no anexo I desta resolución como seleccionadas que xa presentasen previamente a documentación requirida na base 9.1 da convocatoria non terán que presentala de novo, agás que se producise algún feito novo ou modificación sobrevida que requira a súa remisión outra vez a este órgano directivo.

Terceiro. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, as persoas aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Cuarto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Quinto. Co obxecto de dotar de axilidade o proceso, en previsión de que algunhas das persoas aspirantes seleccionadas non poidan ser nomeadas en cumprimento da base 9.2 indicada, unha vez finalizado o prazo de presentación de documentación previsto na base anterior, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)/OPE 2022-Lei de estabilización-concurso oposición, unha dilixencia en que se convoquen os/as seguintes aspirantes na orde de prelación de cada categoría, no caso de ser preciso, para a presentación da documentación que se relaciona no punto terceiro desta resolución.

A dita convocatoria, no caso de ser necesaria, cumprirá os requisitos formais e de eficacia que se recollen no título III da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base décimo primeira da Resolución da convocatoria deste proceso, do 15 de decembro de 2022.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes seleccionados/as

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda de acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras

actividades

Total

1

***6273**

VILARIÑO BARREIRO, MARIA DEL CARMEN

DI

27,375

8,340

7,600

2,062

45,377

1

***6345**

DIEGUEZ RODRIGUEZ, MARIA

LI

43,000

14,000

17,400

3,289

77,689

2

***2942**

PERTEGA ANDIA,

ELVIRA MARIA

LI

42,125

14,000

15,940

1,650

73,715

3

***0571**

FERREIRA GARCIA, ANXO

LI

34,500

14,000

16,700

4,000

69,200

4

***4717**

FACORRO REGUEIRA, NEREA

LI

34,500

14,000

15,600

2,800

66,900

5

***8199**

ARES MOURONTE, XEMMA

LI

46,750

14,000

0,800

0,000

61,550

6

***9862**

FERNANDEZ

MARTINEZ, CLARA

LI

40,125

14,000

4,836

0,000

58,961

7

***0965**

AUSINA ARROJO,

ALEJANDRO

LI

39,625

14,000

3,986

1,000

58,611

8

***6409**

MARTINEZ MARTINEZ, ALICIA

LI

38,125

14,000

4,500

0,154

56,779

9

***7773**

BERDION MARCOS, VANESA

LI

27,125

14,000

11,400

0,661

53,186

10

***7214**

SANCHEZ VILAS, LAURA

LI

35,375

14,000

2,650

0,296

52,321

11

***8122**

NOVOA RIVERA,

ANDREA

LI

41,500

7,740

3,000

0,000

52,240

12

***8351**

ESLAVA NODAR, NOELA

LI

29,750

14,000

6,980

1,000

51,730

13

***8369**

RIBERA SANCHEZ, ANA

LI

36,875

12,910

1,714

0,000

51,499

14

***1142**

MARTINEZ FERREIRO, SARA

LI

37,375

9,390

1,550

0,168

48,483

15

***4721**

GONZALEZ LOPEZ, CLAUDIA

LI

26,875

14,000

4,250

1,983

47,108

16

***7503**

MCGINTY HILL, ALICE ELIZABETH

LI

35,625

7,580

2,000

1,608

46,813

17

***4547**

GONZALEZ SANCHEZ, HECTOR

LI

20,375

14,000

9,750

2,150

46,275

18

***8207**

MARTINEZ PEREZ, JENNIFER

LI

36,875

7,020

2,001

0,000

45,896

19

***0003**

PARGA MARTINEZ, MARTA

LI

34,625

9,466

0,650

0,000

44,741

20

***5232**

VILLAR GESTO, BELEN

LI

36,625

7,100

0,820

0,026

44,571

21

***2335**

NOVO ROSARIO,

MARCOS

LI

26,875

14,000

3,601

0,000

44,476

22

***8235**

GARCIA FERNANDEZ, FATIMA

LI

28,875

14,000

0,500

0,400

43,775

23

***5883**

SALGADO CARNERO, MARIA

LI

35,125

7,930

0,651

0,000

43,706

24

***3883**

VIDAL TARELA,

CRISTINA

LI

23,750

11,060

8,580

0,000

43,390

25

***6373**

LOPEZ ALVAREZ,

ELVIRA TERESA

LI

25,125

14,000

0,950

1,000

41,075

26

***1135**

SEVILLA GOMEZ,

ANDREA

LI

32,250

5,600

2,850

0,000

40,700

27

***5829**

CALVO LOSADA, NEREA

LI

29,750

7,290

0,800

0,000

37,840

28

***4277**

VERGARA GONZALEZ, VERONICA

LI

23,125

14,000

0,700

0,000

37,825

1

***6939**

CID GONZALEZ, CARLA

PI

29,750

14,000

11,700

4,000

59,450

2

***8633**

PEREZ GOMEZ, IRIA

PI

31,750

14,000

13,402

0,000

59,152

*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Relación de aspirantes excluídos/as

DNI

Apelidos e nome

Quenda

***1104**

ACEA LOPEZ, LORENA

LI

***8161**

ALONSO MOREIRA, DIANA

LI

***7564**

ALVAREZ BARCIELA, MARTA

LI

***5011**

BELLIDO PASTRANA, OSCAR MARIA

PI

***4231**

FUNGUEIRIÑO CASTRO, MARIA JOSE

LI

***9789**

GARCIA PRADOS, MARIA PILAR

LI

***2901**

GOMEZ GARCIA, MONICA

LI

***1104**

GONZALEZ FERNANDEZ, DELIA

LI

***0737**

GONZALEZ ROADE, MARTA

LI

***9552**

GONZALEZ SANMIGUEL, SUSANA

LI

***6091**

MONTOYA ORTE, BEATRIZ MARIA

LI

***1767**

PARADELO RODRIGUEZ, NOA MANUELA

PI

***3408**

PEDREIRA FRAGA, GEMA

LI

***9389**

PEREZ BALTAR, ALMUDENA

LI

***8701**

PEREZ DIAZ, ALMUDENA

LI

***6227**

POTEL VILLAR, MARIA

LI

***0686**

RODRIGUEZ CARREIRA, CARLOTA

LI

***4509**

SEIJAS ALFONSO, MARIA JOSE

LI

***8587**

SUAREZ ROSALES, NATALIA

LI

***9439**

TAPIA JARA, IRATXE

LI

***7064**

TORRES PRIETO, ANA

LI

***5401**

VAZQUEZ LOPEZ, NEREA

LI

***1083**

VEIRAS VEIRAS, TANIA

LI

***4880**

VILARIÑO RODRIGUEZ, ANA MARIA

LI

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.