Mediante a Resolución reitoral do 30 de abril de 2024 (DOG do 13 de maio) convócanse probas selectivas para cubrir oito (8) prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, da USC, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna. Con data do 3 de xuño de 2025, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 8.3 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que non ocupan con carácter definitivo un posto definido na relación de postos de traballo adscrito ao subgrupo A2 e que, segundo a base 8.3, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.2 da Resolución do 30 de abril de 2024 pola que se convocaba o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde de elección.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos, no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo
na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade
bibliotecas, convocadas á elección de destino
|
Nº de orde de elección |
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
1 |
***0004** |
Gómez Serrapio, Cristina |
|
2 |
2 |
***5370** |
Domínguez Román, María Belén |
|
3 |
3 |
***0836** |
Pérez Santos, Raquel |
|
4 |
6 |
***8693** |
López Neira, Pedro |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
|
PF000199 |
Axudante de biblioteca. Biblioteca Intercentros Campus de Lugo |
21 |
A2 |
Tarde |
Lugo |
|
PF000190 |
Axudante de biblioteca. Biblioteca Xeral |
21 |
A2 |
Mañá |
Santiago de Compostela |
|
PF000192 |
Axudante de biblioteca. Biblioteca Xeral |
21 |
A2 |
Mañá |
Santiago de Compostela |
|
PF000200 |
Axudante de biblioteca. Biblioteca Concepción Arenal |
21 |
A2 |
Tarde |
Santiago de Compostela |
