DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xuño de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Maior, no concello de Vilardevós.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Maior, pertencente á CMVMC A Veiga das Meás, no concello de Vilardevós, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O día 9.10.2024 a CMVMC A Veiga das Meás presentou unha solicitude (Rexel núm. 2024/2909996) de revisión de esbozo do MVMC Maior, no concello de Vilardevós.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da asemblea xeral do 20.9.2024.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 6 de marzo de 2025 en relación coa citada solicitude. Despois da revisión do esbozo, o MVMC Maior queda formado por 15 porcións illadas entre si e cunha superficie total aproximada de 460 ha, considerando que non se revisaron as estremas cos montes veciñais lindeiros.

A revisión de esbozo deste monte afectou o seu perímetro con propiedades particulares. A liña obtida segue a liña cartográfica do Catastro que define a intersección entre o monte veciñal e os predios particulares, excepto nas parcelas: 29, 30, 31, 33 e 121 (polígono 42), 21, 47, 297 e 322 (polígono 51), 157 e 190 (polígono 53) e 373 (polígono 74 do concello de Verín) que quedan modificadas.

Tendo en conta o anterior, emitiuse indorme favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Maior.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 6 de marzo de 2025, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 2 de xuño de 2025:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Maior, pertencente á CMVMC A Veiga das Meás, no concello de Vilardevós.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 19 de xuño de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

missing image file