DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2025 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Carmen I.

Antecedentes:

1. O día 17 de xaneiro de 2023, Antonia Fernández Triñanes solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Carmen I.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución corresponde á persoa titular da Consellería do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: Carmen I.

Situación:

Cuadrícula nº: 80.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Manuel Vázquez Miranda (***8942**) e Antonia Fernández Triñanes (***8884**).

Novos titulares: Antonia Fernández Triñanes (***8884**) (50 % privativa e 50 % usufrutuaria) Luis Manuel Vázquez Fernández (***5151**) (25 % nu propietario) e Ángel Antonio Vázquez Fernández (***8029**) (25 % nu propietario).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 17 de xuño de 2025

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña