Na sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2025, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, superou o terceiro exercicio da oposición a persoa aspirante que obtivo o resultado de apto.
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8. da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
