DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38026

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 18 de xuño de 2025 pola que se realiza unha redistribución entre créditos orzamentarios, se abre un novo prazo de presentación de solicitudes e se modifica a Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento TR349V).

BDNS (Identif.): 810852.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/810852

Primeiro. Redistribución dos créditos

Redistribúense os créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, segundo se expresa na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Redistribución
de créditos

Crédito final

14.02.322C.470.0

3.817.400

+737.946,96

4.555.346,96

14.02.322C.480.10

1.000.000

-737.946,96

262.053,04

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes das axudas previstas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Modificación da Orde do 27 de decembro de 2024

Modificase o número 4 do artigo 18, que queda redactado da seguinte maneira:

A data límite para o inicio dos contratos subvencionados con cargo a esta orde será o 30 de setembro de 2025, salvo en casos de forza maior ou por causas debidamente xustificadas, en que se poderá autorizar o aprazamento do inicio por parte da secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración