De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da encomenda da Consellería de Facenda e Administración Pública á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:
Actividade: a Fundación Semana Verde de Galicia prestaralle á Consellería de Facenda e Administración Pública o apoio ao desenvolvemento da proba do seguinte proceso selectivo:
|
Data |
Pavillón |
Subgrupo |
Escala/especialidade |
DOG |
|
28.6.2025 Mañá |
Pavillón 1 |
AP |
Escala de persoal subalterno |
Resolución do 22.1.2024 DOG núm. 20 - 29.1.2024 |
Natureza e alcance da xestión do encargo: encargo a medios propios por ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do disposto nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Orzamento: o orzamento é de 19.784,70 €. O gasto derivado deste encargo imputarase á aplicación orzamentaria 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o 2025, na cal existe crédito axeitado e suficiente.
Esta operación non está suxeita a IVE, segundo o establecido no artigo 7.8 da Lei 37/1992, de 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro da Consellería
de Facenda e Administración Pública
