DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 37969

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de xuño de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xustifícase polos cambios introducidos na súa estrutura orgánica polo Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, modificado polo Decreto 192/2024, do 9 de decembro.

Xustifícase tamén como consecuencia da aplicación dos acordos para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, así como polas razóns indicadas no ordinal primeiro do acordo.

Trátase dunha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada unha publicación completa e non parcial desta, de tal xeito que nesta publicación figuran postos cuxas clasificacións e características foron aprobadas polo Consello da Xunta en modificacións anteriores.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 16 de xuño de 2025, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático nos termos que se sinalan no anexo deste acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se relaciona, en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación

Criterio

MA.C02.00.000.15770.060

Xefatura de do Servizo de Coordinación e Tramitación

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 16 de xuño de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

DISPOÑO:

Que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS ÁREAS FUNCIONAIS

CON

CONTRATACIÓN

ECO

ECONÓMICA-ORZAMENTARIA

INS

INSPECCIÓN

PER

PERSOAL

XUR

TÉCNICO-XURÍDICA

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

494

LIC./GRAO EN SOCIOLOXÍA (MÉRITO)

501

LIC./GRAO DEREITO (MÉRITO)

519

ENX. QUÍMICA/LCDO. QUÍM. (MÉRITO)

526

TITULACIÓN NÁUTICA DE PATRÓN DE EMBARCACIÓNS DE RECREO PER OU EQUIVALENTE (MÉRITO)

640

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.)

641

PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.)

787

EXPERIENCIA EN INSPECCIÓN AMBIENTAL (MÉRITO)

954

PERMISO CONDUCIR B (R.I.)

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOS CORPOS/ESCALAS

1

CORPO FACULTATIVO SUPERIOR DA XUNTA DE GALICIA

1.2

ESCALA DE SAÚDE PÚBLICA E ADMINISTRACIÓN SANITARIA

1.2.3

CLASE DE LICENCIADOS EN MEDICINA E CIRURXÍA

1.2.4

CLASE DE LICENCIADOS EN FARMACIA

1.2.6

CLASE DE LICENCIADOS EN CIENCIAS QUÍMICAS

1.2.7

CLASE DE LICENCIADOS EN CIENCIAS BIOLÓXICAS

1.2.11

CLASE DE FARMACÉUTICOS INSPECTORES DE SAÚDE PÚBLICA

9

PERSOAL FUNCIONARIO DO CORPO FACULTATIVO SUPERIOR DA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL DA XUNTA DE GALICIA (VETERINARIOS).

EAF

ESPECIAL (ESCALA DE AXENTE FORESTAL)

EAFM

ESPECIAL (ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS AMBIENTAIS)

ECL

ESPECIAL (ESC. TÉCNICA DE ANÁLISE DE LABORATORIO)

ECN1

ESPECIAL (ESC. TÉCN. REC. NAT. E FOREST.-ESP. CAPATAZ)

ECN2

ESPECIAL (ESC. TÉCN. REC. NAT. E FOREST.-ESP. MECÁNICO NAVAL)

ECN3

ESPECIAL (ESC. TÉCN. REC. NAT. E FOREST.-ESP. PATRÓN EMBARCACIÓN)

ECN4

ESPECIAL (ESC. TÉCN. REC. NAT. E FOREST.-ESP. GUÍA INTÉRPR. PATRIM. NAT.)

ECO

ESPECIAL (ESC. TÉCNICA DE CONDUCIÓN)

EDL

ESPECIAL (ESC. AUXILIAR DE LABORATORIO)

EDN1

ESPECIAL (ESC. AUXILIAR RECURSOS NAT. E FOREST.-ESP. OFICIAL)

EDN2

ESPECIAL (ESC. AUXILIAR RECURSOS NAT. E FOREST.-ESP. VIXILANTE-MARIÑIEIRO)

EDNG

ESPECIAL (ESCALA DE GARDAS DE RECURSOS NATURAIS)

EDO

ESPECIAL (ESCALA AUXILIAR DE CONDUCIÓN)

EDT

ESPECIAL (ESC. AUXILIAR DE MANTEMENTO)

EMA

ESPECIAL (ESC. ARQUITECTOS TÉCNICOS)

EME2

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS TÉCNICOS-ESP. ENX. TÉCNICA INDUSTRIAL)

EME3

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS TÉCNICOS-ESP. ENX. TÉCNICA FORESTAL)

EME4

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS TÉCNICOS-ESP. ENX. TÉCNICA AGRÍCOLA)

EME7

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS TÉCNICOS-ESP. TOPOGRAFÍA)

ESA

ESPECIAL (ESC. ARQUITECTOS)

ESC

ESPECIAL (ESC. CIENCIAS)

ESC1

ESPECIAL (ESC. CIENCIAS-ESP. BIOLOXÍA)

ESC2

ESPECIAL (ESC. CIENCIAS-ESP. QUÍMICA)

ESC3

ESPECIAL (ESC. CIENCIAS-ESP. CIENCIAS DO MAR)

ESC5

ESPECIAL (ESC. CIENCIAS-ESP. FÍSICA)

ESE1

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS-ESP. ENX. DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS)

ESE2

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS-ESP. ENX. AGRONÓMA)

ESE3

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS-ESP. ENX. INDUSTRIAL)

ESE4

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS-ESP. ENX. DE MINAS)

ESE5

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS-ESP. ENX. DE MONTES)

ESE8

ESPECIAL (ESC. ENXEÑEIROS-ESP. ENX. QUÍMICA)

ESV

ESPECIAL (ESC. VETERINARIOS)

XCC2

XERAL (ESCALA DE AXENTES DE INSPECCIÓN, ESPECIALID. VIXILANCIA DE ESTRADAS)

XEE

XERAL (ESCALA DE PERSOAL SUBALTERNO)

XELC

XERAL (ESC. PERSOAL LIMPEZA E COCIÑA E REC. NAT.-ESP. LIMPEZA E COCIÑA)

XELR

XERAL (ESC. PERSOAL LIMPEZA E COCIÑA E REC. NAT.-ESP. REC. NAT. E FORES.)

XET

XERAL (ESCALA DE PERSOAL DE MANTEMENTO)

XSL

XERAL (ESCALA LETRADOS)

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.

A12

ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E ADMINISTRACIÓN LOCAL.

AXG

ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2027

LICENCIADO/DA EN FARMACIA

2062

LICENCIADO/DA EN DEREITO

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOS COMPLEMENTOS SALARIAIS

B10

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE

B11

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR TOXICIDADE

B18

COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C

CONCURSO

CE

CONCURSO ESPECÍFICO

LD

LIBRE DESIGNACIÓN