A Orde do 26 de decembro de 2024 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro de 2025), da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas co grao de doutor que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:
Que estivesen contratadas na convocatoria de apoio á etapa de formación posdoutoral de 2022 e que non renunciasen ao contrato.
Que estivesen contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019 e 2021, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral en convocatorias anteriores.
No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2.2 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.
De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes, e tras constatar que non existían causas de exclusión en ningunha delas, o día 17 de marzo de 2025 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.
As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 10.
O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria. A Comisión de Selección elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas.
A competencia para resolver estas axudas, por delegación da persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Innovación, correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería e á persoa titular da dirección da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 12 da convocatoria.
En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 5 de maio de 2025,
RESOLVEMOS:
Primeiro. Conceder as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 26 de decembro de 2024 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I.
Segundo. Todas as solicitudes que figuran no anexo I desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.
Terceiro. A data de comezo dos contratos será o día 1 de setembro de 2025.
Cuarto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 15 das bases da convocatoria:
Universidades do SUG: 15 axudas.
O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026 e ao próximo Plan galego de financiamento universitario.
|
Aplicación orzamentaria |
Universidade |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
||||
|
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|||
|
07.02.561B.444.0 |
UDC |
3 |
12.737,49 |
119.850,00 |
119.850,00 |
118.662,51 |
371.100,00 |
|
07.02.561B.744.0 |
9.000,00 |
30.000,00 |
30.000,00 |
21.000,00 |
90.000,00 |
||
|
Total UDC |
21.737,49 |
149.850,00 |
149.850,00 |
139.662,51 |
461.100,00 |
||
|
07.02.561B.444.0 |
USC |
5 |
21.229,15 |
199.750,00 |
199.750,00 |
197.770,85 |
618.500,00 |
|
07.02.561B.744.0 |
15.000,00 |
50.000,00 |
50.000,00 |
35.000,00 |
150.000,00 |
||
|
Total USC |
36.229,15 |
249.750,00 |
249.750,00 |
232.770,85 |
768.500,00 |
||
|
07.02.561B.444.0 |
UVIGO |
7 |
29.720,81 |
279.650,00 |
279.650,00 |
276.879,19 |
865.900,00 |
|
07.02.561B.744.0 |
21.000,00 |
70.000,00 |
70.000,00 |
49.000,00 |
210.000,00 |
||
|
Total UVIGO |
50.720,81 |
349.650,00 |
349.650,00 |
325.879,19 |
1.075.900,00 |
||
|
Total SUG |
108.687,45 |
749.250,00 |
749.250,00 |
698.312,55 |
2.305.900,00 |
||
Demais entidades: 4 axudas.
|
Aplicación orzamentaria |
Entidade |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
||||
|
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|||
|
07.A2.561A.443.19 |
Fundación Centro Tecnolóxico da Carne |
1 |
4.245,83 |
39.950,00 |
39.950,00 |
39.554,17 |
123.700,00 |
|
07.A2.561A.743.19 |
3.000,00 |
10.000,00 |
10.000,00 |
7.000,00 |
30.000,00 |
||
|
Total FCTC |
7.245,83 |
49.950,00 |
49.950,00 |
46.554,17 |
153.700,00 |
||
|
07.A2.561A.443.25 |
Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC |
2 |
8.491,66 |
79.900,00 |
79.900,00 |
79.108,34 |
247.400,00 |
|
07.A2.561A.743.25 |
6.000,00 |
20.000,00 |
20.000,00 |
14.000,00 |
60.000,00 |
||
|
Total INIBIC |
14.491,66 |
99.900,00 |
99.900,00 |
93.108,34 |
307.400,00 |
||
|
07.A2.561A.443.28 |
Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela |
1 |
4.245,83 |
39.950,00 |
39.950,00 |
39.554,17 |
123.700,00 |
|
07.A2.561A.743.28 |
3.000,00 |
10.000,00 |
10.000,00 |
7.000,00 |
30.000,00 |
||
|
Total FIDIS |
7.245,83 |
49.950,00 |
49.950,00 |
46.554,17 |
153.700,00 |
||
|
Total outras entidades |
28.983,32 |
199.800,00 |
199.800,00 |
186.216,68 |
614.800,00 |
||
Quinto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Axencia Galega de Innovación no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.
Sexto. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.
Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Sétimo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025
|
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional P.D. (Artigo 12 da Orde do 26.12.2024) José Alberto Díez de Castro Secretario xeral de Universidades |
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e presidente P.D. (Artigo 12 da Orde do 26.12.2024) Carmen Cotelo Queijo Directora da Axencia Galega de Innovación |
ANEXO I
Axudas concedidas
Universidade da Coruña
|
Expediente |
Persoa investigadora |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
ED481D-2025/014 |
Javier Terán Baamonde |
Ciencias |
90,0000 |
|
ED481D-2025/016 |
Joel Sánchez Piñero |
Ciencias |
90,0000 |
|
ED481D-2025/017 |
Álvaro Suárez Hervella |
Enxeñaría e Arquitectura |
78,0000 |
Universidade de Santiago de Compostela
|
Expediente |
Persoa investigadora |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
ED481D-2025/006 |
Julio Corredoira Vázquez |
Ciencias |
93,0000 |
|
ED481D-2025/005 |
Mario Pereiro Fernández |
Artes e Humanidades |
90,8244 |
|
ED481D-2025/004 |
Diego Lombao Vázquez |
Artes e Humanidades |
87,0000 |
|
ED481D-2025/015 |
Eva Rivera Chao |
Ciencias |
82,0000 |
|
ED481D-2025/003 |
Marcos Arza García |
Enxeñaría e Arquitectura |
77,0000 |
Universidade de Vigo
|
Expediente |
Persoa investigadora |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
ED481D-2025/011 |
Francisco de Arriba Pérez |
Enxeñaría e Arquitectura |
93,0000 |
|
ED481D-2025/007 |
Pablo Fondo Ferreiro |
Enxeñaría e Arquitectura |
90,0000 |
|
ED481D-2025/012 |
Vanesa Santás Miguel |
Ciencias |
84,0000 |
|
ED481D-2025/008 |
Pablo García Del Río |
Ciencias |
81,5000 |
|
ED481D-2025/010 |
Mauro Chivite Alcalde |
Ciencias |
81,0000 |
|
ED481D-2025/001 |
Raquel Juan Ovejero |
Ciencias |
77,0000 |
|
ED481D-2025/013 |
María Blanco Formoso |
Ciencias |
77,0000 |
Outras entidades
|
Expediente |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Puntuación |
|
IN606C-2025/004 |
Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC |
Vázquez |
Ucha |
Juan Carlos |
Ciencias da Saúde |
90,6701 |
|
IN606C-2025/002 |
Fundación Centro Tecnolóxico da Carne |
Agregán |
Pérez |
Rubén |
Ciencias |
83,0000 |
|
IN606C-2025/003 |
Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC |
Escuder |
Rodríguez |
Juan José |
Ciencias da Saúde |
76,0000 |
|
IN606C-2025/005 |
Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela |
Rapado |
González |
Óscar |
Ciencias da Saúde |
76,0000 |
