De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 24 de xuño de 2025, do proxecto da LMT, CT e RBT no lugar de Fontefría, no termo municipal de Lousame (A Coruña), promovido por UFD Distribución de Electricidad, S.A.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n).
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
