DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 25 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto da LMT, CT e RBT Pontiñas, no termo municipal de Ribadumia (Pontevedra) (expediente 2024/0265).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 24 de xuño de 2025, do proxecto da LMT, CT e RBT Pontiñas, no termo municipal de Ribadumia (Pontevedra), promovido por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade