DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2025/120-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución do apoio A3HHGSE3//49 da LMTA LOZ803A.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas:

– Substitución do apoio A3HHGSE3//49 da liña de media tensión aérea (LMTA) LOZ803A por un apoio C-2000/18.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 74 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio existente A3ICN3GN//50.

A instalación está situada en Pedra do Lagarto, parroquia de Marcón, no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 13 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2025/120-4.

Denominación: Substitución do apoio A3HHGSE3//49 da LMTA LOZ803A.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio

1

Nova

Rústico, agrario

36900A091000650000QE

Hros. Horacio Souto Freijeiro

PR-1

2,00