Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: soterramento da LAT 20 kV Vilalba_1 e novo CT 8208 Gontán.
Situación: concello de Abadín.
Características técnicas principais:
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Vilalba_1, con orixe no apoio A88486 existente e final no apoio P2 tipo C-4500/16 proxectado, cunha lonxitude total de 100 metros de condutor existente tipo LA-110.
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Vilalba_1, con orixe no apoio P1 tipo C-4500/16 proxectado e final no apoio A28976 existente, cunha lonxitude de 1.046 metros de condutor existente tipo LA-110.
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Vilalba, con orixe no apoio existente A56824 e final no apoio existente A82472, cunha lonxitude de 167 metros de condutor existente LA-30.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Vilalba_1, con orixe nun PAS situado no apoio P2 proxectado e final na OCR 815 Gontán, cunha lonxitude de 50 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Vilalba_1, con orixe na OCR 815 Gontán existente e final no CT 8208 Gontán proxectado, cunha lonxitude de 660 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Vilalba_1, con orixe na OCR 815 Gontán existente e final no CT 3135 Provecende existente, cunha lonxitude de 1.410 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Vilalba_1, con orixe na CT 8208 Gontán proxectado e final no CT 941 Viv. Sociais existente, cunha lonxitude de 380 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado 8208 Gontán, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Finalidade da instalación: mellora da instalación.
– Orzamento: 154.122,63 €.
– Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Abadín.
• Separata para a Consellería de Cultura.
• Separata para a Consellería do Medio Rural.
• Separata para a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196 , e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 25 de xuño de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
