Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: Novos CS 8194 Medela_1 e CT 8201 Medela_2 e LSAT 20 kV de enlace.
Situación: concello de Cervo.
Características técnicas principais:
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Espiñeirido en dobre circuíto, con orixe nun PAS situado no apoio existente A29228 e final no CS 8194 Medela_1 proxectado, cunha lonxitude de 45 metros cada circuíto en condutor proxectado tipo HEPRZ1-400 mm.
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Espiñeirido, con orixe nunha cela de liña do CS 8194 Medela_1 proxectado e final nunha cela de liña do CT 8201 Medela_2 proxectado, cunha lonxitude de 5 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-150 mm.
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Burela en dobre circuíto, con orixe nun PAS situado no apoio existente A29228 e final no CS 8194 Medela_1 proxectado, cunha lonxitude de 45 metros cada circuíto en condutor proxectado tipo HEPRZ1-400 mm.
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Burela, con orixe nunha cela de liña do CS 8194 Medela_1 proxectado e final nun PAS situado no apoio existente A34342, cunha lonxitude de 60 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
– Centro de transformación prefabricado 8201 Medela_2, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA (recuperado), no cal se instala unha cela de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Centro de seccionamento prefabricado 8194 Medela_1, no cal se instalan seis celas de liña telemandadas e unha de interruptor pasante.
– Desmontaxe do CT 1557 Medela, 15 metros de condutor RHZ1-150, 15 metros de condutor LA-56, 20 metros de condutor LA-30, un apoio metálico, un fusible XS (S56581) e un seccionador (S00379).
Finalidade da instalación: mellora da instalación.
Orzamento: 149.378,13 €.
Documentación que se xunta:
– Separata para o Concello de Cervo.
– Separata para a Consellería do Medio Rural.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196, e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 25 de xuño de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
