DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lourenzá (expediente IN407A 2024/153 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: cambio de localización do CT A Laxe e LSAT 20 kV de enlace.

Situación: concello de Lourenzá.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Pontenova procedente da SE Mondoñedo, con orixe no apoio nº 1 proxectado tipo C-4500/16 e final no apoio existente 219470, cunha lonxitude de 508 metros en condutor LA-110 existente.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Pontenova dirección CT 9672 Pontenova, con orixe no apoio nº 11 proxectado tipo C-4500/16 e final no apoio existente 219508, cunha lonxitude de 115 metros en condutor LA-110.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Pontenova dirección SE Barreiros, con orixe no apoio nº 8 proxectado tipo C-7000/16 e final no apoio existente 2A78222, cunha lonxitude de 122 metros en condutor LA-56.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Pontenova dirección CT 5903 Otero Blanco, con orixe no apoio nº 8 proxectado tipo C-7000/16 e final no apoio existente 1A01939, cunha lonxitude de 93 metros en condutor LA-56.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Pontenova procedente da SE Mondoñedo, con orixe no apoio nº 1 proxectado tipo C-4500/16 e final no CT proxectado 7790 A Laxe, cunha lonxitude de 160 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Pontenova dirección CT 9672 Pontenova, con orixe no CT proxectado 7790 A Laxe e final no apoio nº 11 proxectado tipo C-4500/16, cunha lonxitude de 590 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Pontenova dirección SE Barreiros, con orixe no CT proxectado 7790 A Laxe e final no apoio nº 8 proxectado tipo C-7000/16, cunha lonxitude de 750 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Pontenova dirección CT 5903 Otero Blanco, con orixe no CT proxectado 7790 A Laxe e final no apoio nº 8 proxectado tipo C-7000/16, cunha lonxitude de 750 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado 7790 A Laxe, no cal se instalan catro celas de liña telemandadas e unha de protección, cunha potencia máxima admisible de 630kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, (transformador recuperado do CT desmantelado) relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe dun apoio de formigón, cinco apoios de celosía metálica, 510 metros de condutor LA-110, 357 metros de LA-30, 100 metros e LA-56 e o CTI 2872 A Laxe.

– Finalidade da instalación: mellora da instalación.

– Orzamento: 336.061,31 €.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lourenzá.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Consellería de Cultura.

• Separata para a Consellería do Medio Rural.

• Separata para Axencia Galega de Infraestruturas.

• Separata para Empresa Nacional de Gas.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196, e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 27 de xuño de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo