Segundo o disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais (DOG do 13 de novembro), as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.
Facendo uso do disposto no artigo 7 da dita resolución, a Confederación Intersindical Galega (CIG) acordou o nomeamento de novos membros titulares e suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais.
Por todo o exposto, segundo establece o artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1
Nomear como membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da CIG, a María Xosé Alonso Rodríguez, en substitución de Miguel Anxo Malvido Cabirto.
Artigo 2
Nomear como membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da CIG, a Margarida Corral Sánchez, en substitución de Lucía Freire Ces.
Artigo 3
Nomear como membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da CIG, a Lucía Freire Ces, en substitución de Margarida Corral Sánchez.
Artigo 4
Nomear como membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da CIG, a Óliver Álvarez Barranco, en substitución de Antonio Mera de la Fuente.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
