DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 9 de xullo de 2025 Páx. 38412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no procedemento abreviado 58/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 58/2025 (procedemento abreviado), interposto por Irene Altabas González, contra a desestimación, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 10 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 118, do 18 de xuño), na categoría de facultativo/a especialista da área de reumatoloxía.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos