Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros desta área sanitaria, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que :
Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e documentación necesaria para poder facturarlle o terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se deberá achegar poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono 988 36 91 11.
Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, firmo e selo esta cédula, e queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Ourense, 24 de xuño de 2025
José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE |
|
202305828 |
Y8601047G |
|
202308019 |
Y8832632W |
|
202400104 |
Z0731975M |
|
202403334 |
16857039V |
|
202404109 |
01845584H |
|
202406926 |
X9151002S |
|
202407026 |
49708162X |
|
202407150 |
X5849035C |
|
202407898 |
34991982N |
|
202500357 |
20830884Z |
|
202500359 |
20830884Z |
|
202501286 |
76714380L |
|
202501616 |
45148645J |
|
202501873 |
55146991Y |
|
202502148 |
55525642P |
|
202502828 |
55525642P |
