DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 9 de xullo de 2025 Páx. 38391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración, achegados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) denominada do Licho número 178, situada no concello de Lourenzá, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración, achegados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) denominada do Licho número 178, presentada polo promotor Rosendo Díaz Marful. A dita explotación mineira está situada no concello de Lourenzá, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 10 de xuño de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo