Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar”, mediante este anuncio notifícase á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 25 de abril do 2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada «Nova LAMT, LSMT, CT e conexión RBT en Muradelo», no concello de Sobrado dos Monxes (expediente IN407A 2023/282-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está aádisposición da persoa interesada na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 70), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 19 de xuño de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Denominación: Nova LAMT, LSMT, CT e conexión RBT en Muradelo.
Concello: Sobrado dos Monxes.
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Cultivo |
Nome |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
||
|
CT/Nº do apoio |
Superf. (m2) |
Lonx. (m) |
Superf. (m2) |
|||||
|
9 |
15081A03100135 |
Chousa de Atrás |
Prados ou praderías |
Descoñecido/a |
52 |
|||
