DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 9 de xullo de 2025 Páx. 38419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 17 de xuño de 2025 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto a notificar

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 1055-2025)

Resolución de inicio O.E. do 11.6.2025

36043A008001610000JT 

(Polígono 8-Parcela161)

Forzáns

Ponte Caldelas

Lucinda Cal Lorenzo

Orde de execución

(Exp. 1056-2025)

Resolución de inicio O.E. do 13.6.2025

36043A008001620000JF 

(Polígono 8-Parcela162)

Forzáns

Ponte Caldelas

Celia Barros Martínez

Orde de execución

(Exp. 1072-2025)

Resolución de inicio O.E. do 13.6.2025

36043A008002420000JU

(Polígono 8-Parcela242)

Forzáns

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1066-2025)

Resolución de inicio O.E. do 13.6.2025

36043A008002280000JR (Polígono 8-Parcela228)

Forzáns

Ponte Caldelas

José Suárez

Orde de execución

(Exp. 52-2025)

Resolución de inicio O.E. do 13.6.2025

36043A008001630000JM 

(Polígono 8-Parcela163)

Forzáns

Ponte Caldelas

Sofía Carballo Ferreira

Orde de execución

(Exp. 1195-2025)

Resolución de inicio O.E. do 17.6.2025

36043A008004110000JQ 

(Polígono 8-Parcela411)

Forzáns

Ponte Caldelas

Manuel Veiga Alonso

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto ,dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, a cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente está á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando no se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e respercutirán os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 17 de xuño de 2025

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente