DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 9 de xullo de 2025 Páx. 38421

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle en Carballeira.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 1 de xullo de 2025, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para reaxustar as aliñacións e mellorar o espazo público denominado EL-9, situado na rúa Aldea de Abaixo, dentro do núcleo de Carballeira.

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente á información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello (https://sancibrao.sedelectronica.es).

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo estudo de detalle e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

8321501NG9882S0001QG

8321601NG9882S0001TG

Licenza de parcelación de terreos, edificación e demolición

A duración da suspensión é dun ano.

Se transcorrido o dito prazo non se presentasen reclamacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

San Cibrao das Viñas, 4 de xullo de 2025

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa