Na sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 25 de abril de 2025 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Ao abeiro do disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular a pregunta 115, que é substituída no seu lugar pola pregunta de reserva 147. Ademais, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas nas preguntas 123 e 124, ao seren correctas as alternativas b) e d), respectivamente. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a trinta (30) puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante a Resolución deste tribunal de 21 de maio de 2025, pola que se dá publicidade dos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar ou número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas.
Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación, cada resposta incorrecta desconta un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
Asígnase a valoración de quince (15) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os quince (15) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas.
Unha vez feita a corrección na sesión do 17 de xuño de 2025, acadaron a puntuación mínima de quince (15) puntos un total de dez (10) aspirantes, ao se fixar en 56 o número de respostas correctas para obter a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1 da convocatoria.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o exercicio tipo test do proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025
Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal
