Na sesión que tivo lugar o 17 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 25 de abril de 2025 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría forestal, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Ao abeiro do disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, desestimar na súa totalidade as reclamacións formuladas.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a treinta (30) puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante a Resolución deste tribunal do 21 de maio de 2025, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas.
Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación, cada resposta incorrecta desconta un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
Asígnaselles a valoración de quince (15) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os quince (15) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas.
Unha vez feita a corrección na sesión do 17 de xuño de 2025, conseguiron a puntuación mínima de quince (15) puntos un total de catro aspirantes e fixouse en 65 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1 da convocatoria.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o exercicio tipo test do proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría forestal no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución non Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025
Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal
