En atención aos méritos que concorren en Súa Alteza Real Dona Leonor de Borbón y Ortiz, Princesa de Asturias, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.
Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de xullo de dous mil vinte e cinco,
DISPOÑO:
Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Súa Alteza Real Dona Leonor de Borbón y Ortiz, Princesa de Asturias.
Santiago de Compostela, sete de xullo de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
