De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Durante o prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao que ten efectos esta notificación, a persoa interesada poderá presentar as alegacións e achegar os documentos que considere oportunos ante este departamento territorial, de acordo co previsto no artigo 201.5 do Decreto 66/2016, do 28 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
No mesmo prazo poderán acceder ao contido do expediente e obter as copias correspondentes.
Este anuncio será publicado no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia quedará supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 18 de xuño de 2025
Begoña Freire Vázquez
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: S-15/2025/001.
NIF da persoa interesada: 52938615K.
Acto notificado: proposta de resolución no procedemento sancionador en materia de estradas.
