Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro). notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra no expediente sancionador número PO-00157-O-2025 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, e presentarán ou proporán as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025
Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF da persoa denunciada |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
PO-00157-O-2025 O-3255-CB |
Y1413656K |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 2.12.2024; 11.07; PO-510; 0,437 |
Art. 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-00910-S-2025 0700-DFZ |
X6969789F |
Transportar mercadorías perigosas carecendo das placas etiqueta, etiquetas ou calquera outra sinalización exixible relativa ás mercadorías contidas, así como levalas ilexibles. |
Art. 141.25 da LOTT |
Art. 143.1.i) da LOTT Art. 201 do ROTT |
801 euros |
|
PO-00915-S-2025 0700-DFZ |
X6969789F |
Transportar mercadorías perigosas incumprindo as normas sobre suxeición ou estiba da carga. |
Art. 141.25 da LOTT |
Art. 143.1 da LOTT. Art. 201.i) do ROTT |
801 euros |
|
PO-01119-O-2025 GR-3574-AY |
Y8100406G |
Exceso de peso superior ao 5 %. |
Art. 142.2 da LOTT |
Art. 143.1.c) da LOTT |
301 euros |
