A representación legal da titularidade do centro de ensinanzas deportivas (CAD) Atletismo Galego, do concello de Oleiros (A Coruña), solicita a modificación da autorización do centro para impartir as ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Atletismo regulado polo Real decreto 668/2013, do 6 de setembro.
O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia, norma desenvolvida pola Orde desta consellería do 12 de abril de 2004 e a Orde de 23 de abril de 2004, en que se determina o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar estes centros.
A Orde do 22 de xullo de 2021 (DOG do 30 de xullo) desenvolve determinados aspectos da ordenación académica nas modalidades deportivas de ensinanzas de réxime especial implantadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do CAD Atletismo Galego, do Concello de Oleiros, para impartir as ensinanzas conducentes a obtención do título de técnico deportivo superior en Atletismo, que queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas (CAD).
Denominación específica: Atletismo Galego.
Código do centro: 15033241.
Titular: Federación Galega de Atletismo.
Domicilio: avenida Che Guevara, nº 121.
Lugar: Pazos.
Localidade: Liáns (Santaia).
Código postal: 15179.
Concello: Oleiros.
Provincia: A Coruña.
Composición resultante:
Ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en Atletismo.
Ciclo final de grao medio de técnico deportivo en Atletismo.
Técnico deportivo superior en Atletismo.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
