DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 11 de xullo de 2025 Páx. 39212

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir catro prazas de persoal investigador.

– 2 investigadores/as experimentais en tecnoloxías de computación cuántica:

• Referencias PERTE47-25-TSP-TCC-EXP1 e PERTE-47-25-TSP-TCC-EXP2: realizarán actividades de investigación, experimentación e difusión científica no marco dun proxecto centrado na construción dunha rede neuronal óptica cuántica para a optimización combinatoria.

– 1 investigador sénior en tecnoloxías experimentais de computación cuántica:

• Referencia PERTE47-25-TSP-INVSEN-TECC1: realizará tarefas de procura, análise e síntese de información científica e técnica, así como o desenvolvemento experimental no marco dos proxectos de investigación en computación cuántica promovidos en colaboración coa Universidade de Vigo.

– 1 investigador/a en Dinámica Molecular e Intelixencia Artificial:

Referencia EDD-DATALIFE-25-INV-IA1: con tarefas de aplicar dinámica molecular (MD), simulacións de MD de gran tamaño e algoritmos de IA para estudar varios sistemas biomoleculares, incluíndo péptidos antimicrobianos (AMP).

Contratos de actividades científico-técnicas previstos no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa, cuxo obxecto será a realización de actividades vinculadas a liñas de investigación ou de servizos científico-técnicos. Aplícase o Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro.

O prazo de presentación de solicitudes para estes postos será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases dos procesos selectivos para estas prazas están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia