Mediante a Resolución da Alcaldía do 21 de maio de 2025 aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de hípica na Pedra, San Xoán, de setembro de 2024, promovido por Francisca López Pérez e redactado por Abtemas, S.L. (rexistro de entrada número 202400000004332, do 16.9.2024).
De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan especial.
A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do plan especial.
A área afectada pola suspensión localízase ao norte do núcleo da Pedra, na parroquia de Recesende (San Xoán), cunha superficie de 18.587,95 m2, segundo se desprende do proceso de validación e inscrición levado a cabo, e abrangue as parcelas de natureza rústica, segundo catastro, con referencias 15083A515016000000KW (solo rústico de especial protección forestal R-3 do PXOM), 15083B503020310000SM (solo rústico de especial protección forestal R-3 do PXOM) e 15083B503005590000SQ (solo rústico de especial protección agropecuaria R-2 do PXOM).
Sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial del Estado (75 da LSG, 186 e 207 do RLSG e 44 da LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública (artigo 207.2.d) do RLSG).
O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultaren descoñecidas ou por se ignorar o seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou se intentada a notificación non se puidese efectuar.
O anuncio de información pública publicarase, así mesmo, na páxina web do Concello (www.teo.gal) (artigo 70.ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e 25.4 do TRLSRU).
De conformidade co artigo 25.3 do TRLSRU, na documentación exposta ao público inclúese un resumo executivo expresivo dos aspectos sinalados no artigo citado.
O expediente completo estará á disposición das persoas interesadas no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Teo, 20 de xuño de 2025
Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa
