DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 11 de xullo de 2025 Páx. 39206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de xuño de 2025 polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.104604.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF 33287933X a Resolución do 13 de xuño de 2025 ditada no procedemento sancionador en materia de verteduras DH.D15.104604.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para iso, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia