En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: José Ramón Barral Lago.
DNI: ***7450**.
Expediente: DH.A15.93143.
Volume total anual: 1755 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,389 l/s.
Destino: rega.
Orixe: X= 554697, Y= 4740354; (fuso29 ETRS89).
Lugar: Bendaña.
Parroquia: Bendaña (Santa María).
Concello: Touro.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes do río Ulla na parcela 15086A514001170000UL, mediante tubo de aspiración de 63 mm de diámetro con gaiola metálica de 2,5 mm de pase de malla. O tubo vai a unha motobomba en caseta metálica, situada fóra da zona de servidume do río. Á saída da bomba colocarase o contador para o control do caudal. Desde este punto lévase a auga ata o depósito circular, na parcela 15086A514001120000UB, desde onde se regan as parcelas 15086A514001120000UB, 15086A514001130000UY, 15086A514001170000UL.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
