En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 2 de xuño de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Tras ser examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Tras do Balado, no concello do Irixo, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. O 24 de novembro de 2023 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) da Cidá, no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Tras do Balado.
Segundo. O 4 de novembro de 2024, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, coa apertura dun período dun mes para efectuar alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para realizar alegacións non consta que se presentase ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Tras do Balado.
Superficie: 10,61 ha.
Pertenza: CMVMC da Parroquia da Cidá
Parroquia: A Cidá (Santa Mariña).
Concello: O Irixo.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único:
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32036A06900778 |
Norte |
32036A06900824 32036A06900823 32036A06900822 32036A06900821 32036A06901604 32036A06900818 32036A06900805 32036A06900806 32036A06900807 32036A06900808 32036A06900809 32036A06900810 32036A06900811 32036A06900812 32036A06900813 32036A06900814 32036A06900815 32036A06900816 32036A06900817 32036A06900791 32036A06900790 32036A06900789 32036A06900788 32036A06900787 32036A06900786 32036A06900785 32036A06900784 32036A06900783 32036A06900782 32036A06900779 32036A06900776 |
|
Leste |
32036A06909005 32036A06909003 |
|
|
Sur |
32036A06909003 |
|
|
Oeste |
32036A06909003 |
|
|
Enclavados |
002001000NH60H0001LY 002001100NH60H0001TY 002001400NH60H0001OY 002001600NH60H0001RY 002001900NH60H0001IY 002002000NH60H0001DY 002002300NH60H0001JY 002002400NH60H0001EY |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, «son montes veciñais en man común (...) os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e que se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, unha vez examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro; o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Tras do Balado, no concello do Irixo, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989; nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 25 de xuño de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
