O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 26.3.2025, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Portela (Barro) e Cerponzóns (Pontevedra), con base aos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da CMVMC de Portela presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Portela (Barro) e a CMVMC de Cerponzóns (Pontevedra).
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Portela (ID: 2362) da CMVMC de Portela.
– MVMC de Campo de Bois, Pedreira e Paradellas (ID: 2953) da CMVMC de Cerponzóns.
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
• Acta do apeo do deslindamento do 22.9.2022.
• Acta de conciliación número 03/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Barro, do 16.5.2023.
• Certificado do 16.4.2024, da secretaria da CMVMC de Portela, coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 18.12.2022.
• Certificado do 16.4.2024, da secretaria da CMVMC de Cerponzóns, coa conformidade do presidente da aprobación na asemblea xeral do 4.6.2023.
• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM, zona 29N EPSG: 25829. Foi asinado o 27.7.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 740 do COETF de Galicia. Consta anexo técnico á memoria do 16.12.2024.
• Informes de validación gráfica catastral con CSV 0DM7Y2JTM565C7XD e CSVRGJ1QBWZK7MJ8JA0, ambos engloban os deslindamentos DC22043 e DC22045.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.048 metros e está composta polos seguintes puntos:
Punto P02 - x: 530.630,69; y: 4.705.946,69
Punto P03 - x: 530.537,61; y: 4.705.853,32
Punto P04 - x: 530.460,53; y: 4.705.749,38
Punto P05 - x: 530.414,97; y: 4.705.688,93
Punto P06 - x: 530.319,49; y: 4.705.599,00
Punto P07 - x: 530.236,85; y: 4.705.533,52
Punto P08 - x: 530.111,77; y: 4.705.372,04
Punto P010 - x: 52.9874,83; y: 4.705.250,53
Punto P11 - x: 529.800,57; y: 4.705.192,66
Punto P12 - x: 529.660,63; y: 4.705.057,56
Unha vez revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existen lindes entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.
Na solicitude proponse o punto P.01 (x: 530.745,72; y: 4.706.074,15) como punto inicial de deslindamento, pero este punto invade o esbozo da CMVMC de Verducido.
Polo tanto, o Servizo de Montes recúa de oficio recúa o dito punto ata o límite dos esbozos de clasificación entre a CMVMC de Cerponzóns e a CMVMC de Verducido, denominado punto secundario PS1 (x: 530.727,81; y: 4.706.054,31).
O tramo PS1-P01 establecerase cando deslinde a CMVMC de Cerponzóns e a CMVMC de Verducido ou cando o dito tramo sexa recoñecido pola CMVMC de Verducido.
No traballo de gabinete establécense seis puntos de deslindamento secundarios.
– PS07: x: 530.172,70; y: 4.705.415,21 (na mesma liña do cortalumes, na quebra sobre una zona rochosa).
– PS08: x: 530.119,74; y: 4.705.377,68 (para respectar o dominio público da estrada PO-224).
– Catro deles son para respectar as propiedades particulares:
PS09: x: 530.047,96; y: 4.705.341,51
PS10 x: 529.864,73; y: 4.705.240,80
PS11: x: 529.831,34; y: 4.705.215,96
PS12: x: 529.665,21; y: 4.705.062,00
No tramo entre o punto P.09 (x: 629.909,03; y: 4.705.274,97) e o punto P.10 non quedan xustificados os lindes da CMVMC de Cerponzóns na parcela de titularidade catastral particular 36900A20900016.
O deslindamento está formado por cinco tramos:
Tramo 1: punto PS1 ao punto PS8
Tramo 2: punto P08 ao punto PS9
Tramo 3: punto P10 ao punto PS10
Tramo 4: punto PS11 ao punto P11
Tramo 5: punto PS12 ao punto P12
A liña do deslindamento non é exactamente coincidente coa liña de concellos do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Barro e Pontevedra. O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas no deslindamento.
A liña do deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:
– CMVMC de Portela: presenta un axuste coincidente co axuste presentado no deslindamento DC22045 (deslindamento entre a CMVMC de Portela e a CMVMC de Verducido).
– CMVMC de Cerponzóns: o Servizo de Montes realiza un pequeno axuste con base na proposta presentada pola comunidade, respectando o esbozo da CMVMC de Verducido.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón a aprobación polo Xurado do deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará unha resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre a CMVMC de Portela (Barro) e a CMVMC de Cerponzóns (Pontevedra), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da LPAC, ou ben interpor directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 25 de xuño de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
