DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39449

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución da Axencia de Turismo de Galicia, do 27 de decembro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para persoas galegas residentes no exterior para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2025/26 (código de procedemento TU200D).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 18.1 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.gal//) o resultado do proceso de concesión das bolsas e das axudas de viaxe para persoas galegas residentes no exterior para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia, curso 2025/26, para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría (código de procedemento TU200D), que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Bolsas concedidas para o curso 2025/26

Curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría

Beneficiario

Núm. pasaporte

Obxecto da subvención

Importe axuda

Ángel Andrés Latas Camacho

*****7469

Concesión de bolsa e axuda viaxe

42,65 €

Cyrus Goulden Guerreiro

*****1694

Concesión de bolsa e axuda viaxe

310,00 €

Paul Alexander Morales Alcalde

*****2849

Concesión de bolsa e axuda viaxe

557,33 €

Hugo López Junquera

*****2007

Concesión de bolsa e axuda viaxe

171,00 €

Ximena Fernández Rosendo

*****7438

Concesión de bolsa e axuda viaxe

718,30 €