Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas interesadas que se citan nos anexos sen que estes se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación. Advírtese que, de non facelo así, se terán por notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar, ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, de desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.
Vigo, 17 de xuño de 2025
A directora territorial de Vigo
P.A. (Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO I
Procedemento BS650A
|
Núm. expediente |
Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto do requirimento |
|
36/00025-I/15 |
77006116T |
Requirimento de documentación |
29.5.2025 |
ANEXO II
Procedemento BS650G
|
Núm. expediente |
Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto do requirimiento |
|
36/00713-X/23 |
76693224T |
Requirimento de documentación |
30.4.2025 |
|
36/00424-X/25 |
34887067T |
Requirimento de documentación |
29.5.2025 |
