De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para notificarlle os actos administrativos ditados no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figura no dito anexo.
O expediente está á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos, de luns a venres laborables, desde as 9.00 ás 14.00 horas. Advírtese que, de non facelo, se terán por practicadas as notificacións no vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que o acto de resolución poderá ser impugnado ante o xulgado de primeira instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, practicada por comparecencia, sen necesidade de presentar reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao da notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, practicada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que coide procedentes.
Lugo, 18 de xuño de 2025
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Núm. do expediente: 2019/82/27.
Persoa interesada: Tibi Adrián Dinu.
Actos administrativos que se notifican:
– Resolución de establecemento urxente de medida administrativa do 8 de novembro de 2024.
– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 8 de novembro de 2024.
