De conformidade co previsto no artigo 57 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes a modificación non substancial no ámbito das parcelas NE-I e NE-2 do proxecto sectorial PS-6, área de usos complementarios, do Plan sectorial de ordenación territorial do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar nos terreos da Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), no concello de Vigo.
Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento en horario de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, ou na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade a través da seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/politica-social/transparencia/resolucions, e presentar as alegacións, documentos e xustificacións que se consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade
