Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra del Zas, S.L.
Domicilio social: Vilardomato, nº 27, 15850 Zas (A Coruña).
Denominación: punto de entroncamento e seccionamento da LMTA en Zas.
Situación: Zas.
Características técnicas:
• Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 12 m, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no centro de seccionamento de Fenosa, e final no centro de seccionamento proxectado.
• Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 10 m, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no paso aéreo soterrado que se vai instalar en torre de celosía tipo C-3000/16 proxectada.
• Liña de media tensión aérea, a 20 kV, con condutor LA-56, cunha lonxitude de 254 m, con orixe na torre de celosía tipo C-3000/16 proxectada e final na torre de celosía tipo C-2000/14 proxectada da LMT de interconexión CT Jallas y E. de Zas (expte.: IN407A 1996/252).
• Centro de seccionamento en caseta prefabricada de formigón composto polas seguintes celas: dúas celas de liña, unha cela de interruptor automático motorizado, unha cela de medida , unha cela de protección do transformador de servizos auxiliares; así como un transformador de servizos auxiliares de potencia de 15 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial
RESOLVE:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 28 de xaneiro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña
