DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 20 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2025/045-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luís, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución do CT Éntoma-32CD19.

Situación: lugar de Éntoma, concello do Barco de Valdeorras.

Características principais recollidas no proxecto:

– Desmonte do CT en caseta Éntoma-32CD19, de 250 kVA, e desmonte de 40 m do condutor existente entre o dito CT e o apoio núm. D74-10.

– Instalación dun novo apoio núm. D74-11, de celosía metálica, do tipo C-16/2000. Instalación de 46 m novo condutor do tipo LA-56 entre o apoio existente núm. D74-10 e o dito apoio núm. D74-11.

– Instalación dun novo transformador do tipo prefabricado, compacto, en superficie, de manobra exterior, con envolvente de formigón 2L+1P e con transformador de 250 kVA e r/t 20.000/400 V.

– LMTS, a 20kV, de 54 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1x240 Al), con orixe no apoio núm. D74-11 proxectado e final nos empalmes que se realizarán no condutor existente do tipo RHZ1-95 da LMT subterránea que alimenta o CT Albar-32CGL6, despois de facer entrada/saída no centro de transformación proxectado.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 20.5.2025.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 20 de xuño de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2025/045-3.

Situación: lugar de Éntoma, concello do Barco de Valdeorras.

Denominación: substitución do CT Éntoma-32CD19.

Predio núm. en proxecto: 2.

Referencia catastral: 001508200PG69H0001IY.

Lugar: rúa Pontenova.

Cultivo: labradío.

Titular: José Enrique e Raúl Rodríguez Peral.

Afeccións: ocupación de 20 m2 de servidume de voo.

Predio núm. en proxecto: 7.

Referencia catastral: 32010A004000010000XM.

Lugar: Cabo.

Cultivo: prado.

Titular: Camila López Delgado.

Afeccións: ocupación de 19 m2 para o apoio núm. D74-11 e o CTC, de 94 m2 de servidume de voo e de 30 m2 de ocupación temporal.