Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio a persoa afectada pola expropiación é informada da consignación dos depósitos dos prezos xustos do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento LMT DC BAL705, CS e substitución CT Monte da Serra, que figura no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 30 de xuño de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/090-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Soterramento LMT DC BAL705, CS e substitución CT Monte da Serra.
Concello: Vigo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
3 |
54057A096002840000AL |
Descoñecido/a |
2025/54/250 |
