En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral, o 15 de maio de 2025, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, relativo ao domicilio social da entidade Transcegran, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 11 de abril de 2025. O seu novo domicilio social é rúa Juan Jacobo Durán Loriga (parque empresarial As Gándaras), número 1, 1º, 27003 Lugo.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
