DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39588

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a contratación de tres prazas de persoal de investigación.

A Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de tres prazas de persoal de investigación.

As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles nas páxinas web: http://www.fundacionprofesornovoasantos.org; http://www.inibic.es

O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xullo de 2025

Patricia Rey Pérez
Directora Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC