DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39587

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Vilar de Figueroa

ANUNCIO da convocatoria da primeira asemblea xeral para a constitución da Comunidade de Usuarios de Vilar de Figueroa.

O que subscribe, José Luis Vázquez Simal, veciño do lugar de Vilar, parroquia de San Martiño de Figueroa, concello de Cerdedo-Cotobade, mediante este anuncio convoco á asemblea xeral todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en Comunidade de Usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa.

A asemblea terá lugar o sábado 9 de agosto de 2025, na Casa do Pobo, ás 11.00 horas (primeira convocatoria) e ás 11.30 horas (segunda convocatoria), coa seguinte orde do día:

1. Elaboración dunha relación nominal de usuarios (nome, DNI, dirección vivenda, referencia catastral, etc.) para constituírse en Comunidade de Usuarios e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.

2. Aprobar as bases ás que, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.

3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da Comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Cerdedo-Cotobade, 20 de xuño de 2025

José Luis Vázquez Simal
Representante da Comunidade de Usuarios de Vilar de Figueroa