DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39586

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Oliveira Borreiros

ANUNCIO da convocatoria da asemblea extraordinaria.

Santiago García Sanz, con DNI ***7736**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Oliveira Borreiros, por medio deste anuncio convoca, o vindeiro día 10 de agosto de 2025, na sede da Asociación Movemento Veciñal A Nosa Escola, sita en San Cibrán, Donas (Gondomar-Pontevedra), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda, a asemblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Novación da concesión.

2. Nomeamento da xunta de goberno.

3. Actualización das ordenanzas da comunidade.

Gondomar, 20 de xuño de 2025

Santiago García Sanz
Presidente da Comunidade de Usuarios de Oliveira Borreiros