En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia dun expediente e a referencia catastral de varias parcelas en situación de risco de incendio, por resultar infrutuoso o intento de notificación. Publícase isto co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advírteselles expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución está á disposición da persoa interesada no Servicio de Urbanismo do Concello de Oia.
|
Expediente |
Interesado/a |
Referencia catastral |
Superficie afectada pola franxa de 50 m arredor da edificación illada destinada |
|
Gestiona 1645/2025 |
P.V.G. |
36036A016000270000QH |
9,66 m2 |
|
Gestiona 1645/2025 |
Hros. de C.V.P. |
36036A016000390000QT 36036A016004560000QT |
61,58 m2 72,52 m2 |
|
Gestiona 1645/2025 |
C.P.P. |
36036A016004500000QB 36036A016002230000QA |
144,17 m2 222,12 m2 |
|
Gestiona 1645/2025 |
T.P.D. |
36036A016004580000QM |
88,44 m2 |
En todo caso, o cómputo dos prazos comenzará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 23 de xuño de 2025
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa
